País: Sexo: Registrado: 12 marzo 2007
Mensajes: 709
Publicado:
Lun, 09 Mar 2009 1:25 am
naide estrena este post coa de pila de cousas que temos que denunciar...parece mentira que sexamos moiteiros.
QUE PASA COS QUITAMEDOS?
QUE PASA COAS PINTURAS DESLIZANTES?
QUE PASA CO MAL ESTADO DAS CARRERAS?
QUE PASA CO ABUSO DOS SEGUROS?
QUE PASA CO ABUSO DOS IMPOSTOS?
QUE PASA CO TRATO QUE RECIBIMOS DA PRENSA?
QUE PASA COS RADARES CON AFAN RECAUDATORIO?
QUE PASA COAS FIRMAS DOS GARDARRAILES, AINDA NON CHEGAN?
QUE PASA COA PROMESA DE PROTECTORES NAS ESTRADAS NOVAS?
QUE PASA COS CARTOS DAS MULTAS?
QUE PASA CO COCHE DE TOURIÑO?
E? CON QUE PASA O OXIDO DA MIÑA MOTO?
Será por denuncias caramba...acaso realmente non hai cousas que vos preocupan?
QUE PASA CO SOL QUE ESTE ANO ESTÁ ACOJONADO E NON APARECE?
QUE PASA CO CAMBIO CLIMÁTICO?
QUE PASA COAS HIPOTECAS?
QUE PASA COAS OBRAS PÚBLICAS?
QUE PASA COS PARADOS?
QUE PASA COS APRETADOS?
QUE PASA CON TODO?
Deberíamos acostumbrarnos a pedir explicacións por todo, todos en masa enviando correos ós ministerios pedindo explicacións, que vexan que non somos parvos, que queremos e temos dereito a saber o que fan cos nosos cartos. menos coches de luxo e traxes de pasarela, que poñan unha funda azul e se poñan a traballar.
País: Sexo: Registrado: 12 abril 2008
Mensajes: 58
Ubicación: CERVO-BURELA
Publicado:
Mie, 11 Mar 2009 1:08 am
Creo que vivimos nun universo de incorformismo que xa empeza a preocupar. A verdade e que nos da igual todo.
Non facemos "esto" polo que dirán.
Non criticamos "eso" por que o mellor os gobernantes nos toman mania e non lle podemos pedir despois algún favor.
Non botamos unha man a "aquelo" por que non nos vai benficiar en nada.
Por este camiño nuns poucos anos iremos perdendo a nosa identidade en favor dun mundo no cal so seremos uns peóns sen arte nin parte, sen inquedanzas e sobor de todo sen personalidade.
Como ti ben dis Marisa temos que protestar, por "esto" que non vemos ben, denunciar "eso" que consideramos un abuso e pedir información de "aquelo" que cremos que nos pode interesar ou nos afecta directa ou indirectamente.
Eu quero protestar por que:
A prensa criminaliza @s moteir@s
A DGT criminaliza e discrimina @s moteir@s
As compañias de seguros abafanos coas polizas cada vez máis caras.
As autoescolas preocupanse máis de formar xente con carnet de conducir que de formar conductores.
A DGT non se preocupa de informar a tod@l@s conductores/as das novas normas de trafico a pesares que as taxas por obtención ou renovación do premiso de conducción son bastante elevadas.
A campaña electoral rematou e as estradas ainda estan sen facer, rematar ou arranxar.
Ningún responsable de ningunha administracion se fai responsable das atrocidades que se cometen nas nosas estradas( Pintura especial para caidas, gradaraís para cortarte en dous, novas proteccións inexistentes, trazados de estradas que nin se pensan para un circuito, etc.
Creo que como di Marisa debemos de protestar e expresar o noso descontento ou desacordo por que eso fainos sentir vivos e sobor de todo sentiremonos utiles e tamén realizad@s por aportar o noso gran de area en tentar conseguir un mundo máis xusto, mais bo e mellor para tod@s
País: Sexo: Registrado: 12 abril 2008
Mensajes: 58
Ubicación: CERVO-BURELA
Publicado:
Mie, 11 Mar 2009 1:13 am
esqueciaseme........
E tamen quero protestar por que na meirande parte da mariña de Lugo e de Galicia xa ven a TDT e no meu querido FIGUERIDO nin tan siquera lle atisbamos o cheiro a primeira T, canto máis para pillar as outras duas letras e a analoxica de pena jajajajajajaja
Puede publicar nuevos temas en este foro No puede responder a temas en este foro No puede editar sus mensajes en este foro No puede borrar sus mensajes en este foro No puede votar en encuestas en este foro Tu no puedes subir archivos en este foro Tu no puedes descargar archivos en este forom